Blogia

persoasdobasket

foto

"hola a todos/as.

Benvidos ao noso humilde blog, persoas do basket, que non pretende outra cousa que ser un mural de expresión, una fiestra aberta a todo o mundo, que simplemente quere reivindicar que o baloncesto é máis que competición, que derrotas, vitorias, etc.

O ba-lon-ces-to (grazas Pepu) foi para nós, e sigue sendo afortunadamente, unha forma de ver a vida, de coñecer a moitísima xente, de vivir experiencias únicas...

somos persoas, e como tal, neste blog trataremos de mostrar todo o positivo do noso deporte: anécdotas, fotos históricas, entrevistas persoais, etc.

Depende de vós.

Non buscamos a polémica. Buscamos o lado positivo das cousas. Non permitiremos que se insulte nin se falte ao respecto. Para iso, a desfogarse noutros foros. Aqui, QUEREMOS PERSOAS

moitas grazas por participar, e formar parte do NOSO BALONCESTO...

"Este momento é irrepetible, e nunca, nunca volveremos a estar aiqui as mesmas persoas, neste día, e nesta hora...DISFRUTÁDEO"